A carne da sardiña é escura, máis ben graxa e saborosa. A sardiña é o peixe que máis cantidade de vitamina A e D contén. Unha forma de preparación habitual é en escabeche ou enlatada. É fonte de calcio e fósforo e pódese presentar como prato principal ou entremés.