O solombo de tenreira presenta un baixo contido en graxas e é unha das partes máis tenras e magras da tenreira polo que é adecuado para incluír nas dietas de adelgazamento. Contén gran cantidade de proteínas de alto valor biolóxico, vitaminas do grupo B e minerais como o ferro e o cinc. As patacas teñen enerxía polos hidratos de carbono que conteñen. Ademais a vitamina C e o seu contido en potasio axudan a regular a presión arterial.