A protagonista desta sopa é a ameixa que presenta un baixo contido calorífico e de colesterol, o que a fai idónea para incluír en dietas de adelgazamento. As ameixas teñen un gran valor nutritivo e proporcionan proteínas de alto valor biolóxico. Teñen ferro e vitamina C, esta última facilita a absorción do ferro. A súa riqueza en selenio fai que sexan un bo antioxidante e protexan do envellecemento celular. Os fideos que acompañan ás ameixas teñen moita enerxía polo seu contido en hidratos de carbono.