Poñer as lentellas nunha cazola co touciño entrefebrado, coa cebola, co tomate, co pemento, coa cenoria, co allo e co aceite. Cubrir todo con auga e, cando comece a ferver, baixar a intensidade do lume para que o fervor sexa suave. Á metade de cocción, engadir as berenxenas cortadas en dados. Condimentar con sal e deixar repousar 10 minutos fóra do lume pero coa cazola tapada.