O choco é unha boa fonte de proteínas baixas en graxas, a maioría son omega 3, con propiedades cardiosaudables. Presenta un destacable nivel de colesterol polo que as persoas con hipercolesterolemia deberán consumilo con moderación. Polo seu contido en purinas están desaconsellados para persoas con hiperuricemia ou gota. Por outra parte, a cabaciña presenta un elevado contido en auga polo que contén poucas calorías e graxas. Ten fibra e folatos que interveñen na produción de glóbulos vermellos e brancos. Presenta un gran contido en potasio que intervén na actividade muscular.