O choco contén unha baixa cantidade de graxa, a maior parte desta é do tipo omega 3 polo que ten propiedades cardiosaudables. Contén unha pequena cantidade de calorías, polo que son adecuados para incluír en dietas de adelgazamento, a isto únese o seu baixo contido en colesterol. É rico en proteínas e apenas contén hidratos de carbono. O choco utiliza a tinta que contén nunha glándula para a súa defensa e camuflaxe. Esta tinta utilízase como unha salsa para acompañar os chocos que lle dá un sabor a "mar" característico.