É un prato típico durante o período de Coresma debido á necesidade de substituír o consumo de carne. As lentellas son ricas en ferro e se se combinan con arroz constitúen unha boa fonte de proteínas. Recoméndase o seu consumo para as persoas afectadas por diabete xa que os seus hidratos de carbono se absorben moi lentamente. Tamén se recomenda o consumo habitual de lentellas xa que diminúen os niveis de colesterol e graxas debido ao seu contido de fibra e, ademais, axuda a regular o tránsito intestinal. Ademais son ricas en calcio que dá rixidez e fortaleza aos ósos, ademais de reducir a tensión arterial en persoas con hipertensión e previr a osteoporose.