Esta forma de preparar o polbo xurdiu na illa de Arousa e tamén na illa de Ons. É moito menos popular que o coñecido “polbo á feira" que se consumía nos días sinalados, como os de feira. Ao contrario, o polbo estilo Arousa consumíase diariamente nas illas como sustento de mariñeiros e ao ir acompañado de patacas, cebola nunha especie de refrito, era un prato que presentaba máis calorías e saciaba máis.