Print

Polbo estilo Arousa

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 20 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 70 g Cebola
  • 120 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Pemento picante
  • 220 g Polbo
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Nunha pota ponse auga a ferver. Somérxese o polbo tres veces, de maneira que os tentáculos se enroscan. A terceira vez déixase o polbo na auga fervendo e cocíñase durante uns 45 min (depende do peso do polbo). Para comprobar o punto de cocción pícase cun escarvadentes. Unha vez feito, apágase o lume e déixase o polbo na auga de cocción para que non arrefríe. Nun pouco de auga da cocción do polbo cócense unhas patacas. Mentres, faise nunha tixola un rustrido de cebolas picadas con aceite e un pouco de sal que servirá para cubrir o polbo, unha vez cortado, e as patacas, xa na fonte.

Notes

Esta forma de preparar o polbo xurdiu na illa de Arousa e tamén na illa de Ons. É moito menos popular que o coñecido “polbo á feira" que se consumía nos días sinalados, como os de feira. Ao contrario, o polbo estilo Arousa consumíase diariamente nas illas como sustento de mariñeiros e ao ir acompañado de patacas, cebola nunha especie de refrito, era un prato que presentaba máis calorías e saciaba máis.