Tamén se coñece en Galicia esta sobremesa como amendoado de cóengo. Ten, como o seu nome indica, de ingrediente principal a améndoa. O uso da améndoa en Galicia para a repostaría atribúese a conventos e mosteiros. Tamén a consumían as clases altas. As améndoas conteñen altos niveis de ácidos graxos insaturados, o máis importante é o ácido oleico que axuda a diminuír os niveis de colesterol "malo" mentres que aumentan o colesterol "bo". A súa cantidade de proteínas tamén é elevada. Destaca o contido en vitamina E que fai que a améndoa sexa un bo antioxidante de modo que pode xogar un papel importante na prevención de enfermidades coronarias e cancro. A améndoa, tamén, destaca polo seu contido en fibra, calcio, magnesio, potasio, cobre, fósforo e cinc.