Print

Queixo de cóengo

Course Postre
Servings 1 persona

Ingredients

  • 30 g Améndoa torrada
  • 30 g Azucre
  • 0.5 g Canela

Instructions

  • Cocemos azucre nun pouco de auga ata acaramelar, parcialmente, para conseguir un xarope non moi denso. Neste xarope, cocemos a améndoa moída e reducida a unha pasta. Damos, con axuda dun molde, forma á mestura. Esparexemos con canela e servimos.

Notes

Tamén se coñece en Galicia esta sobremesa como amendoado de cóengo. Ten, como o seu nome indica, de ingrediente principal a améndoa. O uso da améndoa en Galicia para a repostaría atribúese a conventos e mosteiros. Tamén a consumían as clases altas. As améndoas conteñen altos niveis de ácidos graxos insaturados, o máis importante é o ácido oleico que axuda a diminuír os niveis de colesterol "malo" mentres que aumentan o colesterol "bo". A súa cantidade de proteínas tamén é elevada. Destaca o contido en vitamina E que fai que a améndoa sexa un bo antioxidante de modo que pode xogar un papel importante na prevención de enfermidades coronarias e cancro. A améndoa, tamén, destaca polo seu contido en fibra, calcio, magnesio, potasio, cobre, fósforo e cinc.