Novas

Grupo Cuevas continúa este 2025 mostrando o seu lado máis solidario e responsable, esta vez da man da Asociación Española Contra o Cancro. E é que o grupo empresarial de orixe ourensá, sumouse á iniciativa A Compra da túa VIDA promovida pola AECC a nivel nacional e que ten como obxectivo recadar fondos destinados a conseguir, entre outros obxectivos, o de tratar de superar o 70% de supervivencia en persoas con cancro.

Así o certificaron Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas e Germán Rodríguez-Sáa, presidente da Asociación en Ourense e representante autonómico, nun encontro celebrado na mañá de hoxe nas oficinas centrais que o grupo de distribución alimentaria ten a Cidade do Transporte, en Ourense.

Unha rede de máis de 70 tendas repartidas por todas as zonas de acción de Grupo Cuevas convertéronse, desde o día 7 deste mes e ata o próximo día 16 de febreiro, en puntos nos que calquera cliente pode colaborar coa causa a través de doazóns económicas que se realizan no momento de pagar as súas compras. Esta campaña permite empregar a liña de caixas dos supermercados Plenus, Aquié, Spar e dos centros Cuevas Cash como depositarios de doazóns en metálico entre 1 e 99 euros, que é límite dos donativos que se poden recoller nos devanditos centros.

Esta acción colaborativa, reforza o compromiso de Grupo Cuevas coa sociedade e as persoas de todos os territorios nos que ten actividade e consolida o acordo establecido coa AECC en abril de 2019, polo que se desenvolveron diferentes actividades que redundaron no beneficio dos afectados por cancro e tamén na prevención da enfermidade, en especial mediante o traslado aos mozos de hábitos de vida saudables.

Este convenio permitiu apoiar tamén, por parte das persoas traballadoras de Grupo Cuevas e desde os seus puntos de venda, as campañas e accións da Asociación así como realizar a difusión de información relevante e de interese a toda a poboación. Finalmente, este acordo recolle tamén a iniciativa Cupón Solidario de Grupo Cuevas, pola que é o colectivo de empregados de Grupo Cuevas o que decide a quen desexa que a organización realice as súas doazóns e onde, a AECC, é receptora habitual destes fondos destinados á investigación da enfermidade, así como a axuda a pacientes e familiares.

Asociación Española Contra o Cancro 

É a entidade de referencia na loita contra o cancro desde hai 70 anos. A asociación integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar e acompañar as persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Estruturada en 52 sedes provinciais, e presente en máis de 2000 localidades españolas, conta con case 30.000 persoas voluntarias, máis de 500.000 socios e máis de 1000 profesionais.

Grupo Cuevas 

Dentro do apartado de programas sociais de Grupo Cuevas, desenvólvense tamén as accións de voluntariado interno enfocadas ao ámbito educativo, con accións de orientación ou mentorización; ámbito social, con actividades enfocadas a axudar a colectivos en risco de exclusión social; e, finalmente, ao ámbito das emerxencias, onde o colectivo de persoas do grupo puidese desempeñar un papel útil.