A semana pasada o noso equipo da tenda de Plenus Allariz recibiu unha visita muuuy especial, e é que o mércores e o xoves pasados recibimos a péquelos da Escola Infantil de Allariz.
Con moita curiosidade e entusiasmo, percorreron os corredores do súper aprendendo a facer a compra e descubrindo a importancia de ter unha alimentación saudable.
Foi un pracer ver os seus caritas de emoción ao identificar froitas, verduras e produtos do día a día. Ademais, grazas aos nosos compañeiros de tenda, puideron aprender de forma divertida como elixir o mellor para coidar a súa saúde desde pequenos.
Grazas tamén á escola e ás educadoras por confiar en nós para esta experiencia tan bonita! E aos nosos pequenos visitantes, que se portaron como verdadeiros clientes expertos!







