Desde Grupo Cuevas fomentamos a alimentación saudable, e diso deriva o coñecer a orixe de cada alimento, como o eliximos e onde o compramos. Por iso, sabemos o importante que é informar e formar desde o sector da alimentación, achegando sempre de forma clara e accesible toda a información posible sobre cada alimento.
Estes últimos días recibimos no noso súper Plenus Camelias, en Vigo, a visita de dous grupos de persoas da asociación ACCEM, no marco dunha visita guiada sobre hábitos de compra saudables, cos nosos compañeiros de tenda. Nas visitas, ambos os grupos coñeceron de primeira man a organización de cada sección, a información das etiquetas dos produtos e a identificación correcta para unha dieta equilibrada.