SORTEO O detalle perfecto para San Valentín

Este San Valentín queremos axudarche a sorprender da forma máis doce. Por iso lanzamos o sorteo “O detalle perfecto”, pensado para gozar e compartir.

Do 27 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2026, por 3 € de compra en amorodos ou amorodos grandes, poderás participar no SORTEO de 11 lotes irresistibles: amorodos frescos, nata, chocolate e espumoso. Unha combinación perfecta para celebrar o amor con sabor.

Porque ás veces, os mellores agasallos non son os máis complicados, senón os que se gozan xuntos. E este San Valentín, comeza con amorodos!