SORTEO 20 entradas dobres para o concerto de Luz Casal
O Ou Yeah! Festival de Rock e Sabores de Ourense continúa coa súa programación e en Plenus Supermercados e Aquié queremos que vivas unha noite moi especial.
Por iso, poñemos en marcha un novo sorteo exclusivo para clientes coa tarxeta “Gústame ir ao Súper”, no que poderás conseguir unha das 20 entradas dobres para o concerto de Luz Casal, que terá lugar o próximo 4 de outubro no Paco Paz.
Participar é moi sinxelo:
1. Realiza compras por valor de 15 € ou máis en calquera dos nosos supermercados Plenus ou Aquié.
2. Identifícate coa túa tarxeta cliente.
3. Completa a papeleta e deposítaa na urna habilitada no teu supermercado.
A promoción estará activa ata o 23 de setembro de 2026.
Fai a túa compra, participa e prepárate para desfrutar en directo de Luz Casal no Ou Yeah!
