Novas

Esta semana recibimos a un grupo de alumnos e alumnas de 2º do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do CIFP Portovello no supermercado Aquié da rúa Doutor Fleming, en Ourense. Silvia, encargada da tenda, atendeu o grupo e repasou con eles, sobre o terreo, contidos que traballaran na aula. Entre eles, a organización da variedade e, de forma especial, o lineal: a súa distribución por niveis, a implantación, a repartición de facings, as zonas quentes e frías, as cabeceiras de góndola e a sinalización no punto de venda. O obxectivo da visita era que o alumnado puidese observar todos estes conceptos nunha contorna real e ver como se aplican no día a día dun supermercado. Con esta visita, Grupo Cuevas achega a realidade do comercio a quen se forma para traballar no sector e reforza a súa colaboración cos centros educativos.