SORTEO 20 vales para a Zona Gastronómica do festival Ou Yeah!

A música en directo e a mellor gastronomía únense, e en Plenus Supermercados e Aquié queremos que desfrutes de ambas.

Por iso, poñemos en marcha un novo sorteo exclusivo para os clientes da tarxeta “Gústame ir ao Súper”, co que poderás conseguir un dos 20 vales para consumir na zona gastronómica do festival Ou Yeah!, durante o concerto de Burning, que terá lugar o próximo 31 de xullo na Praza da Veracruz do Carballiño. 

Participar é moi sinxelo: 

  1. Realiza compras por un importe de 15€ ou máis en calquera dos supermercados Plenus ou Aquié. 
  2. Identifícate coa túa tarxeta cliente. 
  3. Cobre a papeleta e deposítaa na urna habilitada no teu supermercado. 

A promoción estará activa do 9 ao 22 de xullo de 2026. 

Fai a túa compra, participa e prepárate para gozar dunha noite de rock, bo ambiente e a mellor gastronomía no Ou Yeah!