Print

Arroz ao forno

Course Postre
Servings 1 persona

Ingredients

  • 20 g Arroz
  • 15 g Azucre
  • 27 g Ovo
  • 65 g Leche semidesnatado
  • 2 g Manteiga

Instructions

  • Poñer a cocer o arroz, a media cocción retirámolo. Batemos medio ovo, mesturámolo con azucre, leite e manteiga. Finalmente, mesturamos todo co arroz nunha fonte que levaremos ao forno a unha temperatura moderada ata que teña unha cor dourada.

Notes

O arroz introducírono en España os árabes na época medieval. Dada a súa ductilidade, o arroz pódese usar tanto en receitas salgadas como doces. De feito este prato é típico da Comunidade Valenciana e da rexión de Murcia onde o arroz é o alimento básico da dieta mediterránea constituíndo un primeiro prato. Como sobremesa data do século XVII. O arroz é rico en hidratos de carbono complexos, como o amidón, que proporcionan a maior parte do seu valor enerxético. Estes hidratos de carbono complexos dixírense lentamente e, así, proporcionan un nivel constante de glicosa ao organismo.