Print

Arroz con feixóns verdes e setas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 75 g arroz
  • 160 g caldo de verduras
  • 50 g feixóns verdes
  • 30 g setas
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Picar a cebola e o allo en brounoisse (cadradito moi fino) e os feixóns verdes en xuliana (tiriñas moi finiñas). Nunha paelleira rustrir a cebola e o allo ata que empeza a tomar cor. Incorporar os feixóns verdes e as setas. Refogar todo o conxunto e engadir o arroz. Mollar co dobre de cantidade de caldo que de arroz, pon a punto de sal e deixar que coza uns 18 minutos. Unha vez cociñado sacar do lume e deixar repousar durante 5 minutos.

Notes

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.