Print

Arroz frito ao curry

Course Segundo prato

Ingredients

  • 60 g arroz
  • 50 g peituga polo
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 20 g cebola
  • 1 dente (4g) allo
  • 10 g uvas pasas
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • curry
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha paelleira ou cacerola baixa refogamos o polo cortado en dados e reservamos. Nesa mesma cacerola refogamos as verduras en dados logo engadimos o arroz xa cocido. Refogamos todo xunto e poñemos as pasas e o toque de curry. Decorar con perexil.

Notes

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.