Print

Coello en salsa de améndoas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g coello
  • 1 (100g) pataca
  • 1 vaso (200mL) caldo carne
  • 80 mL viño branco
  • 50 mL brandy
  • 25 g cebola
  • 20 g améndoa
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar o coello en anacos, salpementar e fritir para dourar, reservar. Nunha cacerola refogar en aceite a cebola e o allo. Engadirlle o coello e flambear con brandy. Engadir o viño branco deixando reducir o alcol uns instantes. Cubrir con caldo. Deixar cocer suavemente ata que estea tenro, á metade de cocción engadirlle as améndoas torradas e maceradas en mortero. Adicionar as patacas en dados previamente fritidas.

Notes

Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.
Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.