Print

Empanada millo con berberechos

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 30 g Aceite de oliva
  • 45 g Berberecho
  • 65 g Cebola
  • 55 g Fariña de millo
  • 15 g Fariña de trigo
  • 3 g Fermento
  • 10 g Pemento vermello
  • 1 g Sal
  • 5 g Tomate

Instructions

  • A masa estará formada por fariña de millo, fariña de centeo, fermento e auga morna. Amasamos todo e deixámolo repousar. Estiramos a masa coa axuda dun rolo para formar a base. Para o recheo sofritimos unhas cebolas, un chisco de perexil, uns pementos e pemento doce. Colocamos, sobre a base,unha capa deste rustrido e enriba deste colocamos os berberechos previamente fervidos en auga. Tapamos a empanada coa outra capa de masa e enfornamos durante 1 h aproximadamente.

Notes

Esta empanada faise na vila coruñesa de Noia pero, en xeral, en todas as Rías Baixas. Diferénciase das demais porque se fai con fariña de millo en vez de fariña de trigo. Caracterízase porque a masa non queda uniforme e compacta, como a de trigo, senón prensada. O berberecho achéganos unha baixa cantidade de graxa ao igual que de colesterol. Destaca o seu contido en ferro axeitado para persoas con anemia e tamén fai que este sexa un alimento recomendado para persoas que practican deportes intensos xa que estas persoas teñen un gran desgaste deste mineral.