Print

Entrecote de tenreira con tomate asado

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g entrecote tenreira
  • 100 g tomate
  • 50 g arroz
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cortar os tomates á metade, quitarlles as sementes, salar un pouco e deixar escorrer. Introducilos no forno a 170 º C durante 10 minutos. Picar o allo en brounoisse e engadilo enriba dos tomates e asar todo o conxunto cun chorriño de aceite de oliva por enriba a 170 ºc durante 10 minutos. Cociñar o entrecote á prancha cun pouco de aceite de oliva, volta e volta; engadindo o sal cando xa estean cociñados. Servir os filetes de tenreira co tomate asado, acompañado de arroz branco ao forno.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.