Print

Fabada asturiana

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 1 vaso (185 mL) auga
  • 90 g fabas
  • 25 g morcilla
  • 25 g chourizo
  • 25 g febra de porco salgada
  • 15 g cebola
  • 20 g orella porco
  • 1 dente (5g) allo
  • 30 g pataca
  • 1 cullerada (4mL) aceite oliva
  • comiño moído
  • loureiro
  • sal ao gusto
  • colorante alimentario

Instructions

  • Remollar as fabas, polo menos 12h. en auga fría con sal. Poñer a cocer todos os ingredientes en auga fría e cocer lentamente. Pódense asustar as fabas con auga fría un par de veces para favorecer a cocción. Cando todo estea cocido, facerlle un rustrido con allo e cebola picados no aceite. Dar o toque de comiño e sal se procede. Este prato estará máis saboroso ó día seguinte de realizalo.

Notes

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estrinximento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.