Print

Fabas estufadas con berberechos

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 75 g fabas
  • 1 vaso (250 mL) caldo peixe
  • 50 g berberechos
  • 20 g cenoria
  • 20 g cebola
  • 15 g porro
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • colorante alimentario
  • sal ao gusto

Instructions

  • Remollar as fabas, polo menos 12h en auga fría con sal. A continuación, poñer a cocer as fabas no caldo de peixe coloreado co porro e cenoria enteiros, lentamente e asustando dous ou tres veces para favorecer a cocción das mesmas. Retirar unha vez tenras. Noutra cazola refogar en aceite, o allo e a cebola picados, poñer pementón, engadir as fabas sen cenoria nin porro e os berberechos. Deixar cocer uns minutos todo xunto engadindo o caldo de coción das fabas ou do berberecho se fixese falta.

Notes

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estrinximento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.