Print

Filete de tenreira encebolado con pataca cocida

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g tenreira tapa
  • 100 g pataca
  • 70 g cebola
  • perexil
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Picar a cebola en cuadrados e pochar nunha tixola con aceite. Unha vez pochada, retirar a cebola e o exceso de aceite e cociñar os filetes volta e volta. Mentres, cocer as patacas en auga con sal. Servir os filetes e as patacas cocidas co rustrido de cebola por enriba.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.