Print

Garavanzos de mar

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 40 g Lura
  • 7 g Caldo de peixe
  • 30 g Cebola
  • 30 g Gamba
  • 60 g Garavanzo
  • 30 g Paus de cangrexo
  • 1 g Perexil
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 50 g Tomate
  • 9 g Viño branco

Instructions

  • Faise o sofrito co tomate, a cebola picada, as pastillas de caldo de peixe e un chorro de viño. Engádense as luras, o cangrexo, as gambas e bótase un chisco de sal. Déixase cocer a lume lento, 20 min. Engádense os garavanzos e remóvese todo ben. Cócese, a lume lento, outros 20 min e déixase repousar uns minutos antes de servir.

Notes

Os garavanzos teñen un alto contido en fibra o que axuda a evitar o estrinximento e a reducir o colesterol. Tamén contén hidratos de carbono de asimilación lenta, o que fai que proporcione sensación de saciedade durante máis tempo e beneficia a persoas diabéticas. Son unha fonte de ferro, calcio e magnesio e o seu alto contido proteico compárase ao das carnes e peixes. As luras que acompañan os garavanzos teñen un alto nivel de colesterol que unido ao seu contido de sodio non os fai moi recomendables para persoas con hipercolesterolemia. Son fonte de proteínas de alto valor biolóxico. As gambas son ricas en fósforo, sodio e iodo pero polo seu nivel de colesterol tampouco as deberían consumir con frecuencia persoas con gota ou hipercolesterolemia.