Print

Grelos refogados

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 2.5 g Allo
  • 25 g Chourizo
  • 125 g Grelo
  • 6 g Manteiga
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Cocemos os grelos en auga e manteiga. Reservamos. Á parte, douramos, nunha tixola, os allos co chourizo para, logo, engadir os grelos cocidos. Removemos todo xunto e servimos.

Notes

Os grelos presentan un baixo contido en calorías polo que son adecuados para incluír en dietas de adelgazamento. Son ricos en ácido fólico e vitaminas C e K, esta última liposoluble intervén no proceso de coagulación do sangue. Tamén son boa fonte de vitamina A que prevén enfermidades nos ollos, fortalece o sistema inmunitario e ten propiedades anticancerosas. En canto ao chourizo que acompaña aos grelos ten un contido en calorías elevado polas graxas que contén e, ademais, contén proteínas e sodio polo que non é aconsellable para persoas hipertensas.