Print

Lentellas estufadas con verduras

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 50 g lentellas
  • 1 vaso (200mL) auga
  • 25 g cebola
  • 25 g cabaciño
  • 25 g cenoria
  • 15 g arroz
  • 1 dente (3g) allo
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • comiño
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Introducir en auga fría as lentellas, a cebola e a cenoria e cocer lentamente. Engadir á media hora de cocción o cabaciño en dados e o arroz e continuar a lume lento ata que estea todo cocido. Dar o punto de sal e engadir un rustrido de allo en aceite con pementón e cominos.

Notes

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.
Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.