Print

Lombo de porco con piña

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g agulla porco
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100 mL) zumo piña
  • 1 vaso (200mL) caldo carne
  • 50 g piña
  • 50 mL viño branco
  • 10 g cenoria
  • 10 g cebola
  • 10 g porro
  • 5 g maicena
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Colocar a agulla de porco nunha placa de forno e acompañar dunha bresa de hortalizas (cenoria, cebola, porro). Introducir no forno e asar ata que estea tenro dando a volta a metade de cocción e engadindo viño branco e zume de piña. Retirar do forno e coar a salsa por un chinés engadindo caldo de carne. Ferver e espesar con maicena se fose necesario. Acompañar de puré de pataca e unha rebanda de piña á prancha. Cubrir coa salsa.

Notes

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.
Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.