Print

Patacas recheas

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 40 g Cebola
  • 30 g Filete de porco magro
  • 10 g Fariña
  • 4 g Limón
  • 30 g Pan relado
  • 160 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Sal
  • 5 g Touciño
  • 20 g Viño branco
  • 30 g Xema de ovo

Instructions

  • Mesturamos co pan relado un picado de carne, touciño e cebola. Engadimos á mestura a xema de ovo, sal, pementa, limón e perexil. Damos forma de bóla á mestura. As patacas córtanse en dúas metades e baléiranse coa axuda dunha culleriña, despois énchense e untamos a parte na que se vexa a carne con clara de ovo ben batida e pasámola pola fariña. Fritimos. Colocamos as patacas nunha cazola, colocadas de maneira que o recheo quede cara arriba. Fritimos uns allos e unha cebola. Cando comecen a tomar unha cor dourada botamos sobre estes a fariña diluída cun pouco de auga e viño branco. Deixamos que ferva e vertemos sobre as patacas. Sazonamos e déixanse cocer ata que estean tenras.

Notes

As patacas son unha das hortalizas que mellor se prestan para encher calquera tipo de alimento. Neste prato combínanse os hidratos de carbono en forma de amidón das patacas coas proteínas que contén a carne de porco picada. O ovo que se engade á carne picada, contribúe á cantidade de proteínas de elevado valor biolóxico xa que conteñen todos os aminoácidos esenciais. A xema de ovo tamén é unha excelente fonte de ferro idónea para previr anemias e, ademais, contén vitaminas do grupo B.