Print

Perca á bilbaína

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g filetes perca
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • vinagre
  • perexil
  • caiena

Instructions

  • Salgar e marcar os filetes de peixe na prancha. Dourar o allo fileteado en aceite, poñer caiena, engadir o vinagre e verquer sobre o peixe. Adornar de perexil e introducir no forno 10 min. Suxerencia: servir con ensalada de leituga, tomate e cebola.

Notes

Vantaxes:
A perca é un peixe branco, cun baixo contido lipídico; non presenta unha porcentaxe elevada de proteínas, pero as que contén son dun alto valor biolóxico. Ademais, contén vitaminas do grupo B e A, e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro. Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais. Desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas; ademais son expectorantes e anticatarrais.
Inconvenientes:
Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mascando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando unha enxaugadura bucal con auga morna e zume de limón.