Print

Pescada en salsa mariñeira

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g lombo de pescada
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • perexil
  • colorante alimentario

Instructions

  • Preparar a salsa mariñeira: refogar en aceite o allo e a cebola picados, engadir un pouco de fariña e caldo de peixe lixeiramente coloreado, engadir a salsa de tomate e perexil picado deixando cocer uns minutos. Á parte, marcar o lombo de pescada na prancha e colocalo nunha fonte de forno, cubrir coa salsa e fornear 10 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas e chícharos cocidos á parte.

Notes

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.