Print

Polo á rioxana

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g zanco polo
  • 100 g pataca
  • 100 mL caldo polo
  • 20 g chícharos
  • 20 g pemento verde
  • 20 g pemento vermello
  • 15 g chourizo
  • 15 g cebola
  • 10 mL viño branco
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Pelar e picar a cebola; filetear os allos; cortar os pementos en tiras e o chourizo en rebandas; sazonar o polo con sal e pementa e picar o perexil. Quentar unha pota cun pouco de aceite, dourar o polo por ambos lados, nese mesmo aceite rustrir a cebola e o allo. Incorporar o perexil, os pementos e o chourizo e deixar cocer durante uns 10 minutos. Incorporar o viño, o caldo de polo e os chícharos; tapar e deixar cocer 40 minutos. Acompañar de patacas fritas cortadas en dados.

Notes

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.