Print

Polo á sidra

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g zancos polo
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
  • 50 mL sidra
  • 40 g arroz
  • 25 g champiñóns laminados
  • 20 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o polo e cortar en anacos. Salpementar, pasar por fariña e dourar. A parte, en aceite refogar o allo e cebola picados. Engadir o polo e a sidra deixando reducir o alcol. Engadir caldo suficiente para que coza. Cocinar ata que estea tenro engadindo os champiñóns. Acompañar de arroz branco ao forno.

Notes

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou acedo fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.