Print

Salmonetes ao forno

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 50 g Cebola
  • 30 g Limón
  • 5 g Manteiga
  • 15 g Pan relado
  • 90 g Pataca
  • 2 g Sal
  • 140 g Salmonete
  • 30 g Viño branco

Instructions

  • Picamos a cebola en anacos moi finos, despois, engadimos aceite e colocamos todo nunha fonte a xeito de base e, enriba, poñemos os salmonetes cun pequeno corte. Agregámoslles un chorriño de limón, pan relado e manteiga. Introducimos no forno a lume medio durante 30 min. Cando pasen un cuarto de hora no forno, regámolos con viño.

Notes

Os gregos e os romanos apreciaban o salmonete polo seu agradable sabor. Ademais, mitificárono pola súa capacidade de adquirir tonalidades máis fortes e intensas a medida que se achega o momento da súa morte. Hai dous tipos de salmonete: de area ou lama e o de rocha que é o máis apreciado, de cor vermella e estrías douradas. Os dous tipos de salmonete habitan no Mediterráneo e no Atlántico. É un peixe semigraxo que contén fósforo, iodo, potasio e magnesio. Destaca o contido en iodo importante para a regulación da glándula tiroide.