Print

Xelatina de uva

Course Sobremesa

Ingredients

  • 1 vaso (200 mL) mosto
  • 10 g azucre
  • 8 g xelatina neutra

Instructions

  • Remollar as follas de xelatina en auga fría e escorrer. Quentar lixeiramente un pouco de zume e agregar as follas de xelatina. Remover ata disolver e engadir azucre. Mesturar co resto do zume e poñer nun molde. Para desmoldar introducir o molde en auga quente uns segundos e darlle a volta.

Notes

Vantaxes:
Un 80% das uvas é auga, e entre un 15 e un 25% son azucres (glucosa e fructosa). Contén vitaminas do grupo B, A e C, e minerais (potasio, calcio, magnesio, fosfato sódico, iodo e ferro). Unha das grandes vantaxes das uvas é a súa propiedade depurativa e laxante, debidas principalmente ó seu contido en pectina, remineralizantes e alcalinizantes. A súa pel contén taninos, ácidos libres, minerais, fermentos e celulosa, útiles para o funcionamento intestinal. Numerosos estudos demostran á existencia de substancias protectoras nas uvas, capaces de protexer o organismo fronte enfermidades cardiovasculares, cancro, e enfermidades relacionadas co envellecemento celular.
A xelatina é coláxeno hidrolizado, a proteína que forma os tendóns, tecidos cartilaxenosos, ósos e tecidos conectores. Este alimento contribúe á mellora na hidratación en nenos e en adultos. Presenta un baixo contido en azucres e colesterol, e non presenta materia graxa, polo que diminúe o risco de obesidade infantil.