Novas

A pesar da intensidade que supón decembro no sector da alimentación, a aposta pola formación e o desenvolvemento de novos talentos non cesa. No noso supermercado de Plenus A Rúa, en Ourense, contamos con Daniela Geoglary durante o seu período de prácticas, que é parte dunha formación de Cruz Vermella sobre “Persoal de establecementos comerciais con dispositivos dixitais”.

Durante a súa estancia de prácticas, Daniela puido realizar diferentes tarefas esenciais no día a día nas nosas tendas, enfocadas sobre todo na atención ao público, a xestión de caixa, a reposición e a organización de almacéns.

En Grupo Cuevas seguimos comprometidos con formar profesionais que acheguen valor ao comercio. Grazas por confiar en nós!