Na mañá de onte tivemos o pracer de recibir a visita dun grupo moi interesado no noso traballo diario da tenda.
Silvia, María, Ana e Mari ensináronlles en detalle noso día a día ao alumnado que está a realizar un curso de “Persoal de establecementos comerciais con competencias dixitais”, impartido pola Academia Postal de Ourense.
O obxectivo da visita era principalmente achegarlles os diferentes postos de traballo no súper, cun enfoque especial no labor das nosas compañeiras de caixa, pero durante a visita xurdiron moitas consultas e apreciacións interesantes sobre o abastecemento da tenda, a atención ao cliente e como realizamos a implantación dos produtos.
Esperamos axudar, e achegar unha visión un pouco máis completa do que é o traballo nun súper como o de Aquié Fleming. Foi un pracer!

