Hai uns días recibimos no noso supermercado Plenus Hispanidade, en Vigo, ao alumnado do Certificado de Profesionalidade Operacións Auxiliares de Comercio, que se está levando a cabo dentro das Accións Formativas para @Desemplear da Xunta de Galicia, a través da entidade BEPROJECT. Unha visita que resultou moi enriquecedora para todos!
Os nosos compañeiros da tenda encargáronse de explicarlles en detalle o día a día da tenda de forma clara e práctica, mostrándolles como se xestionan procesos crave como a recepción e reposición da mercadoría, a implantación dos produtos nos lineais, promocións e cabeceiras, a atención e o servizo ao cliente, e tamén a relevancia de seguir as normas de seguridade dentro do punto de venda.
O que máis destacaron da visita foi a proximidade do equipo e a utilidade da xornada, onde puideron ver en directo como se aplica a teoría que aprenden nunha contorna profesional real.

