Novas

Se hai un espazo onde os cinco sentidos actívanse de forma natural, ese lugar é o supermercado. Con este enfoque, a nosa tenda de Plenus Camelias, en Vigo, converteuse na tarde de onte nunha contorna de aprendizaxe e experiencia para os nenos e nenas de 3 anos do Colexio Labor de Vigo, achegándolles o comercio e a alimentación saudable a través dunha vivencia directa e sensorial.

Durante o percorrido polas distintas seccións, as áreas de produto fresco espertaron un especial interese, en gran medida grazas á implicación das nosas compañeiras de tenda para adaptar a mensaxe á súa idade. En frutería, con Rita, identificaron froitas presentes no seu día a día; en peixaría, con Miriam, observaron de preto distintas especies, estimulando a súa curiosidade e capacidade de observación; e en carnicería, con Marga, coñeceron diferentes produtos da sección.

Este tipo de iniciativas reforzan o compromiso de Grupo Cuevas coa educación, a proximidade e a integración do comercio na vida cotiá da comunidade, convertendo os nosos establecementos en espazos de aprendizaxe e convivencia.