O pasado 6 de febreiro comezamos, unha edición máis, a operación “A compra da túa vida”. Unha campaña anual promovida pola Asociación Española Contra o Cancro e coa que colaboramos desde o pasado ano.
Ata o próximo 15 de febreiro todos os clientes que realicen a compra nalgún dos nosos supermercados teñen a oportunidade de sumarse á loita contra o cancro e apoiar a investigación, facendo unha doazón ao pasar por caixa. Como cada xesto conta, cada doazón recibida contribúe a mellorar a vida de miles de persoas e as súas familias.
Ademais, durante estes días de campaña, nalgunhas das nosas tendas haberá voluntarios da AECC que estarán presentes para informar e resolver dúbidas con proximidade e compromiso coa acción para todo o que o necesite.

