SORTEO lote maridaxe para sobremesas

Entre o 26 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026, pola compra dunha terrina de Bico de Xeado sabor marron glacé, participarás no sorteo dun exclusivo lote de produtos, coidadosamente seleccionados para converter as túas sobremesas do Nadal nunha auténtica experiencia gourmet.

Imaxina saborear o teu xeado acompañado de toppings de marron glacé, un viño doce, licor amaretto, chocolate negro, un delicado toque de nata, galletas speculoos ou mesmo un bo café que complete o momento.

Un conxunto de produtos pensado para transformar calquera capricho nunha ocasión especial. Compra a túa terrina, participa e deixa que a maxia do marron glacé faga o resto. Moita sorte!