Print

Pemento do piquillo reenchido de bacallau

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 60 g pemento piquillo
  • 20 g bacallau
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 12 g fariña
  • 25 g salsa tomate
  • 10 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • noz moscada
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar unha bechamel; quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Continuar removendo ata que ferva e espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ao gusto. Picar o bacallau previamente desalgado e cortado en anacos pequenos e engadilos á bechamel e remover. Con axuda dunha culler ou manga pasteleira reencher os pementos. Quentar no forno sobre unha salsa de tomate.

Notes

Vantaxes:
Os hidratos de carbono son o compoñente maioritario dos pementos. Tamén teñen un elevado contido en auga e o seu contido en lípidos é moi escaso, isto fai que o seu valor calórico sexa baixo. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, incluso proporciona o dobre desta vitamina que a laranxa. Pero tamén é rico en carotenos, como o beta-caroteno ou provitamina A. Ademais, como as verduras en xeral, os pementos son ricos en fibra. E en canto ós minerais, contén, principalmente, fósforo, potasio, magnesio e calcio.