Print

Tortillos de Santo Andrés de Teixido

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 40 g Chourizo
  • 65 g Pan
  • 80 g Xema de ovo

Instructions

  • Collemos os ovos e separamos as xemas. Botamos un chorriño de aceite nun recipiente mediano de barro que tamén sexa alto, engadimos as xemas previamente salgadas e deixámolas a lume lento, movemos o recipiente ata que liguen e, despois, engadimos os anacos de chourizo unidos nunha punta. Tapamos o recipiente para facilitar o callado das xemas e que os chourizos perdan parte da súa graxa e caia esta sobre o tortillo. Deixamos uns minutos e servimos.

Notes

Este prato é típico do pobo de Santo André de Teixido que pertence ao municipio de Cedeira na provincia da Coruña. Os tortillos elabóranse con xema de ovo que presenta un alto contido proteico. Ademais, posúe multitude de minerais e vitaminas entre as cales están o ferro, o cinc, o fósforo e as vitaminas A, E, B5, B7 e B9. Pola súa alta cantidade de colesterol, o seu consumo debe ser moderado en persoas con hipercolesterolemia. O chourizo contén proteínas, graxas e sodio polo que as persoas hipertensas e aquelas que non queiran superar a súa cantidade de calorías deben restrinxir o seu consumo.