Novas
O supermercado Plenus Camelias recibiu a visita dos nenos e nenas de 1º de primaria do Colexio Labor, que chegaron entusiasmados á tenda querendo coñecer o día a día do traballo no sector da alimentación.
Esta visita, que está incluída no programa de actividades do colexio, permite aos máis pequenos da escola descubrir distintos postos de traballo na vida cotiá. As seccións de fresco foron as paradas favoritas, onde preguntaron sen parar todas as dúbidas que tiñan aos nosos compañeiros. Sen ningún problema, o noso equipo de tenda soubo resolverlles todas as cuestións, contándolles a información máis interesante e curiosa sobre cada produto que lles chamaba a atención.
Durante a visita tamén puideron aprender sobre a importancia da alimentación saudable. Desde hai anos tratamos de promover hábitos de vida saudables a través de distintas campañas e dinámicas nas visitas escolares, tanto nos supermercados como en Frunatur.

Ver imaxe