Novas
Onte, os máis pequenos do Colexio Labor de Vigo, estiveron de visita no noso supermercado Plenus Camelias. Nas súas clases, os nenos e nenas de 3 anos están a traballar os cinco sentidos e que mellor forma de poñer en práctica todo o que aprenderon que aplicalo no súper.
Marga, a nosa compañeira de peixaría, deixounos pampos coa unha emocionante historia sobre os animais mariños e o seu camiño diario ata chegar ás nosas tendas. A súa visita continuou pola zona de charcutería, onde non dubidaron en comentarnos cal era o seu bocadillo favorito. Para finalizar, visitaron a carnicería onde o noso compañeiro Félix sorprendeulles cunha cachucha!
Moitas grazas pola vosa visita! Sempre estamos encantados de recibirvos e axudarvos a descubrir o noso pequeno mundo da alimentación.

Ver imaxe