Novas

En Grupo Cuevas cremos que contribuír, desde o mundo empresarial, a formar a aqueles estudantes da Formación Profesional que atopan na FP Dual unha inmersión realista no mundo laboral, é a clave para atopar bos profesionais e garantir a substitución dos actuais traballadores. 

Unha parte esencial desa formación é precisamente a parte práctica da mesma, polo que nós estamos encantados de facilitar aos centros educativos a posibilidade de realizar as horas prácticas nos nosos supermercados. Este mes de marzo, Fiorella, Huseyin e Claudia incorporáronse aos nosos supermercados Aquié Hórreo en Santiago de Compostela e Aquié Fleming en Ourense, como estudantes en prácticas. 

 
Fiorella está a realizar as súas prácticas como parte do Ciclo Formativo de Grao Medio en Comercialización de Produtos Alimentarios, nunha modalidade de FP Dual, do mesmo xeito que Huseyin e Claudia en Aquié Fleming, e estarán connosco ata o 31 de agosto, contribuíndo co seu entusiasmo e aprendendo da man de todos os compañeiros das dúas tendas, que están encantados de telos a bordo e de axudalos no seu camiño de aprendizaxe. En Grupo Cuevas estamos realmente comprometidos coa formación e o desenvolvemento de talento, e cremos no poder da educación e o crecemento profesional como piares fundamentais para o éxito da nosa organización.  

Benvidos ao equipo!